Sociedade Canadense de Papel Moeda

Sociedade Canadense de Papel Moeda
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Data de fundación1964
SedeOtava
PaísCanadá
Na rede
http://www.cpmsonline.ca
editar datos en Wikidata ]

A Sociedade Canadense de Papel Moeda (en inglés: Canadian Paper Money SocietyCPMS–) é unha organización numismática sen ánimo de lucro e dedicada á promoción dos estudos e do coleccionismo de billetes canadenses, correspondentes a emisións tanto públicas coma privadas.[1]

Foi fundada en 1964 e ten a súa sede en Otava, Ontario.[2][3] O seu presidente é Stephen Oatway.[4]

Os seus membros son fundamentalmente canadenses, aínda que tamén os hai nos Estados Unidos e noutros países.

A CPMS fai coincidir a súa asemblea xeral ordinaria coa celebración da súa convención anual.

Os seus membros teñen acceso á consulta dos fondos da biblioteca da Real Asociación Numismática do Canadá.[5]

  1. "Welcome". Sitio web da CPMS.
  2. "Canadian Paper Money Society (páxina de créditos)[Ligazón morta]". En Canadian Paper Money Society Journal. Vol. 50. Nº 143. Decembro de 2014. Páxina 94.
  3. "Contact the CPMS". Sitio web da CPMS.
  4. "CPMS Executive". Sitio web da CPMS.
  5. "Services & Facilities". Sitio web da CPMS.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search